Monday 20 de May de 2024

Turismo de Galicia consolida a súa colaboración coa Secretaría de Turismo de Querétaro


Nava Castro recibiu hoxe a unha delegación da Secretaría de Turismo de Querétaro na sede da administración turística galega

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu hoxe na sede da administración turística galega, en Santiago de Compostela, a unha delegación da Secretaría de Turismo de Querétaro.

A relación entre a administración turística galega e mais o Estado mexicano ten por obxectivo establecer orientacións definidas en común dirixidas ao desenvolvemento dunha colaboración en materia de turismo entre ambos territorios.

Esta colaboración céntrase especialmente no intercambio de mellores prácticas e no fortalecemento de produtos turísticos, no intercambio de formación académica en materia de turismo, na organización de viaxes de familiarización e na participacións en eventos relacionados co sector turístico.

Neste senso, Turismo de Galicia e a Secretaría de Turismo de Querétaro teñen asinado un convenio de colaboración a través do cal están a desenvolver accións de colaboración en materia de promoción e difusión de recursos turísticos así como de intercambio de know how, actividades formativas e prácticas relacionadas coa consolidación e fortalecemento dos produtos turísticos.

Durante a xuntanza de hoxe, os representantes de Turismo da rexión de Querétaro puideron afondar nas iniciativas que dende a Xunta de Galicia estanse levando a cabo para consolidar a Galicia como un destino diferencial e multiexperiencial.